Lingua tai nuea

Tai nuea
ᥖᥭᥰ ᥘᥫᥴ
Pronuncia:[tai˥.lə˧]
Outros nomes:Tai le
Falado en: China, Myanmar e Tailandia
Rexións: Suroeste da China
Total de falantes: 720.000 (1983–2007)
Familia: Tai-kadai
 Linguas tai
  Suroeste (Tai)
   Noroeste
    Tai nuea
Escrita: Alfabeto tai le
Status oficial
Lingua oficial de: China (Dehong)
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: tdd
Mapa
Status

O tai nuea está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]
Manuscritos budistas en lingua tai nuea.

A lingua tai nuea ou tai nüa (en chinés: 傣那语; Dǎinàyǔ; tailandés: ภาษาไทเหนือ), tamén chamada dehong tai (chinés: 德宏傣语, Déhóng Dǎiyǔ; tailandés: ภาษาไทใต้คง, ou chinés shan) é unha das linguas faladas polo pobo dai na China, especialmente na prefectura autónoma dai e jingpo de Dehong no suroeste da provincia de Yunnan. Está estreitamente relacionada con outras linguas tai e podería considerarse un dialecto da lingua shan. Os falantes desta lingua ao outro lado da fronteira en Myanmar son coñecidos como shan.

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne